Monday 16 de September de 2024

Nova xornada de caos no transporte público


Numerosos cidadáns están a dirixirse ao Concello de Oleiros durante as últimas horas para denunciar unha nova xornada de caos no servizo de transporte público. Durante o día de hoxe están a ser moitas as persoas que están quedando nas paradas sen poder montar no bus debido a que circulan cheos. Tamén se están a producir retrasos en todas as liñas, nalgúns casos de ata 50 minutos.

A Xunta de Galicia non pode demorar máis tempo a subsanación destas graves deficiencias. A eliminación de liñas e servizos está a provocar unha situación insostible. É intolerable que os cidadáns teñan que anticiparse 2 horas para asegurarse poder chegar ao seu destino a tempo.

Urxe que se recuperen os servizos eliminados pola Xunta de Galicia. De non producirse cambios de inmediato, o Concello emprenderá diversas accións para defender o dereito dos veciños e veciñas de Oleiros a un servizo de transporte digno.